O grupo municipal de Espazo Común vén de presentar unha moción na que esixe aos grupos municipais de PSdeG-PSOE e Partido Popular que fagan público o documento asinado para o pacto de goberno, que alcanzaron no mes de xuño de 2024 e que contemplaba unha alternancia de Francisco Fumega e José Castro na alcaldía.
“Desde entón nunca foron quen de facer público dito documento, no que se detalla o acordo e os beneficios para os cidadáns, saindo só á luz o reparto de alcaldía, de sillóns nas concellerías e os soldos para cinco concelleiros”, apuntan dende este grupo da oposición.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
E engaden que os efectos dese pacto foron inmediatos, xa que “Paco Fumega foi expulsado do Partido Socialista, e os cidadáns do Carballiño inician o calvario do Goberno PSdeG-PP, con subas do lixo, subas da auga, polémicas no Conservatorio, abandono total da rede viaria, talas indiscriminadas no Parque Municipal, parálise das actividades municipales e sinfín de problemas por desgoberno”. Neste sentido, suliñan que “lonxe de mellorar a xestión do Concello, o día a día son enfrontamentos entre concelleiros, descalificándose entre eles en público e privado”.
Finalmente, dende Espazo Común lembran que, “hai uns días, os veciños do Carballiño vemos con sorpresa que nunha comparecencia conxunta Paco Fumega (en situación de baixa laboral hai nove meses) e José Castro anuncian que incumplen o pacto pero non pasa nada, que Paco Fumega segue de alcalde estando de baixa laboral e que Jose Castro segue de ‘falso alcalde’ e tan contento”.
















