Cineclube preestrea un documental sobre o impacto das enerxías renovables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolle mañá, ás 8 da tarde, a proxección do documental “Vidas irrenovables”, unha reportaxe co que o colectivo Afiando O Vento tenta trasmitir e concienciar sobre a repercusión das enerxías renovables no medio ambiente das súas contornas de instalación, baixo os lemas ‘O pobo unido contra a depredación enerxética’ e ‘As cidades e o rural, xuntos contra o capital’. A entrada a esta sesión é totalmente libre e gratuíta.

O secretario de Cine Club Carballiño, Ricardo Paz, falounos da colaboración da entidade con esta preestrea.