Desde Ribeiro en Común preguntámonos onde estaba o goberno local e o alcalde, cando o Presidente da Xunta e da Deputación anunciaban un investimento millonario na provincia de Ourense para novas infraestructuras sociais.Xa que o goberno municipal de Ribadavia estivo ausente do investimento histórico da Xunta para novas Residencias de Maiores na provincia, anunciado esta fin de semana polos presidentes Rueda e Menor.
Ribadavia foi excluída dos concellos beneficiados con investimentos millonarios para 16 concellos da provincia de Ourense, sen que o goberno local diga nin faga nada. E como consecuencia, a nova Residencia de Maiores ou o Centro de Día de Ribadavia, volven ser excluídos a pesar de ser unha demanda desde fai anos.
Para Ribeiro En Común non é xusta esta exclusión, xa que en Ribadavia existe un Proxecto feito de nova Residencia elaborado polo Concello e presentado na Xunta e na Deputación desde fai anos.
Por conseguinte, Ribeiro en Común pediremoslle explicacións ao Alcalde, que semella máis interesado en espectáculos varios que na xestión municipal.
Seguiremos reclamando o que é máis que xusto, sobre todo porque Ribadavia meréceo e porque ten os deberes feitos de antes:
1. Os terreos a disposición para a nova Residencia e Centro de Día.
2. O Proxecto elaborado e presentado na pasada lexislatura.
3. Somos capital comarcal e deberíamos ter o apoio da Xunta e Deputación para estas infraestructuras.
Non semella de recibo a ausencia do goberno local, non se pode entender a deixadez e a súa inacción para conseguilo.
Non teñen excusa, a non ser que permitan e consintan que o seu propio partido político boicotee a Ribadavia.