A Opinión dos veciños e veciñas: “Os sumidoiros obstruidos, unha ameaza latente en Carballiño”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, unha preocupación crece de forma tan sigilosa como o deterioro urbano que vai deixando a súa pegada. Un paseo polas rúas revela unha imaxe inquietante: sumidoiros obstruidos, cheos de terra e residuos, algúns con anos de abandono ás súas costas. En tempos choivas, o problema, que puido ser evitado cunha simple limpeza regular, volve a ser unha trampa para o bo funcionamento da rede de saneamento da localidade.
Este fenómeno, que pode parecer trivial, ten consecuencias directas sobre a vida cotiá dos carballiñeses. As choivas, que en Galicia son frecuentes e en ocasións torrenciais, convértense no escenario perfecto para que as rúas do Carballiño transfórmense en ríos improvisados. Os máis afectados, os veciños e comerciantes, ven como a auga se estanca nas beirarrúas. Un exemplo: na zona do cruzamento da estrada de Ribadavia hai un sumidoiro situado na zona do paso de peóns. Cando chove fórmase un gran charco que impide o uso do paso.


O mal estado dos sumidoiros é só unha parte dun problema máis grande: a falta de mantemento do sistema de rede de sumidoiros. As tapas de moitos desaugadoiros están repletas de barro, follas e residuos que, co tempo, fóronse acumulando, impedindo o correcto fluxo das augas pluviais. Mentres tanto, o paso dos vehículos, a sucidade arrastrada polo vento e as propias precipitacións seguen empeorando a situación.
Desde o concello, sinalaron en máis dunha ocasión que a escaseza de recursos limita a capacidade de mantemento regular, aínda que aseguran que teñen previsto iniciar pronto unha campaña de limpeza intensiva dos sumidoiros. Con todo, estas promesas non acougan os ánimos dos veciños, que xa están cansados de ver como o problema se repite ano tras ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Para moitos habitantes do Carballiño, a falta de atención a este problema evidencia unha desconexión entre as necesidades reais da comunidade e as prioridades da administración local. Pregúntanse por que, se o problema é coñecido, non se toman preventivas antes da chegada das choivas intensas, evitando así os problemas que, como ben din, “son totalmente previsibles”.