A figura aparece de forma misteriosa fará uns 6 meses nunha casa situada no cruce entre a rúa Carreira e a rúa Monxardín.

Ten forma de pulpo na parte de abaixo e a cabeza parece ser unha especie de rosetón.
Aparecen as iniciales P.G que seguramente corresponden a identidade do artista desconocido.

Visionando as últimas imaxes de Google Earth correspondentes a agosto de 2023 ( fai un ano ) pódese comprobar que a figura non aparece.

No rueiro do ano 1935 a númeración das casas era consecutiva: 1,2…19 ata rematar ese lado e despois seguia polo outro 20,21,22,….40
RUEIRO DO ANO 1935


No rueiro dos anos 60 a númeración xa se corresponde ca de hoxe. Por un lado pares e polo outro impares
Rueiro dos anos 60 ( Santiago Cacho )

O que esta claro e que no ano 35 esta casa corresponde ao número 38 Maruxa ” A Chorona “- Viuva do ferreiro.
A casa anterior co número 37 corresponde a Juan Rodiño – Barbeiro
Esas numeracións nos anos 60 corresponden aos pares sendo o número 40 ( antes 37 )a de Barbero Rodiño e a 42 ( antes 38 ) a Ferreiro González Pajariño.
En todo caso é incuestionable que na casa onde aparece a figura correspondeu a un ferreiro ( de feito hai 2 argolas na parede que seguramente eran para suxetar animales )