Un cento de persoas con diabete, acompañados por familiares, médicos e profesionais da enfermería fixeron o pasado venres unha parada no Carballiño no seu camiño a Compostela seguindo a Vía da Prata do Camiño Xacobeo dende a capital ourensá. A iniciativa, posta en marcha pola Fundación para la Salud de Novo Nordisk España, ten por obxectivo educar as persoas con diabete e sensibilizar ao resto da poboación sobre a importancia de abandonar o sedentarismo, promovendo a actividade física e unha alimentación equilibrada.
A expedición xacobea participou nunha xornada terapéutica na Casa da Cultura carballiñesa, sendo recibida polo alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, antes de desprazarse ata o Parque Municipal, onde se levou a cabo unha prantación de tres árbores na avenida do Arenteiro.
Escoitamos a Blanca Torres, representante de Nova Nordisk.
Elvira Torres referiuse ao acto simbólico da prantación.
Francisco Fumega destacou o carácter solidario desta visita.
A comitiva partira na mañá do venres dende Ourense, onde os participantes estiveron acompañados polo presidente da Deputación provincial, Luis Menor, e o deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, antes da súa partida para facer o percorrido dos últimos 100 quilómetros da Vía da Prata ata Santiago e así facerse acreedores da ‘compostela’.