A aula contará con grupos de infantil, primaria, secundaria e adultos, e o inicio do curso será na semana do 1 de outubro nos horarios correspondentes para cada grupo.
Ribadavia, 24 de setembro de 2024.- O concello de Ribadavia abre o prazo de inscrición para o novo curso da aula municipal de teatro. A aula contará con grupos de infantil, primaria, secundaria e adultos e o inicio do curso será na semana do 1 de outubro.
A actividade da aula levarase a cabo os martes e os xoves segundo os seguintes horarios orientativos, que poden sufrir variacións en función do número de matrículas en cada grupo de idade:
Martes
17:00h ás 18:00h grupo de 3 e 4 anos
18:15h ás 19:15h grupo de 5 a 6 anos
18:15h. ás 19:45h grupo de 7 a 8 anos
Xoves
17:00h ás 18:30h grupo de 9 a 10 anos
17:00 ás 18:30h grupo de 11 a 12 anos
18:30h ás 20:00h grupo de 13 a 17 anos
20:00h ás 22:00h grupo a partir de 18 ano
A Preinscrición na aula pode facerse ata o día 6 de outubro a través do enderezo electrónico auladeteatro@ribadavia.es e a formalización da matrícula terá lugar dende o 30 de setembro ata o 11 de outubro. Durante este período os alumnos e alumnas poderán asistir ás clases. As taxas da aula municipal de teatro son as que se refiren na seguinte táboa:
PREZOS

Neste curso 2024/2025 a aula estará dirixida por Ledicia Álvarez e Tegra Vázquez, que pertencen ao grupo Trécola Teatro. Ledicia e Tegra formáronse na Aula de Teatro Universitaria de Ourense, da man do grupo Sarabela Teatro así como noutros cursos de distintas técnicas (mimo, clown, dicción, voz…).
Desenvolven a súa actividade teatral desde o ano 2000 ata a actualidade abarcando distintas facetas: como actrices, creadoras e directoras de montaxes para público infantil, adolescente e adulto; realizan contacontos dramatizados dirixidos a público infantil en bibliotecas, escolas e outros espazos; tamén participan como figurinistas en proxectos teatrais de distintas compañías.
Como profesoras de teatro, dirixen varios grupos ao longo destes anos e ata a actualidade: IES Otero Pedrayo, grupo de teatro afeccionado Marañao, grupo de teatro de Castrelo de Miño, CEIP Mestre Vide, IES As Lagoas, CEIP Ben Cho Shey, IES Otero Pedrayo e Muma’s, entre outros.