Estudantes e profesorado do IES Chamoso Lamas puxeron en marcha o proxecto “Manuel Chamoso Lamas na mirada”, unha serie de imaxes documentadas sobre a vida, a obra e o legado histórico do ilustre investigador nado en Moldes, e que coa colaboración do Centro de Estudios Chamoso Lamas quedaron plasmadas nunha mostra que se pode ver na sala de exposicións do Auditorio municipal do Carballiño. Son un total d 30 paneis con fotografías antigas e actuais das excavacións arqueolóxicas, monumentos e lugares que conforman unha boa parte do patrimonio cultural das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Ao acto de inauguración desta exposición acudiron representantes das dúas entidades colaboradoras e da Corporación do Carballiño.
Entre elas, o alcalde, Francisco Fumega.
Dese marco de colaboración falou Ricardo Paz, profesor do Instituto.
Escoitamos a Carlos Rodríguez, presidente do Centro de Estudios.