Ourense, 27 de setembro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe Vía da Prata Ourense, José Luis Rodríguez, e parte do seu equipo para abordar asuntos relacionados coa seguridade nas rutas xacobeas así como para valorar futuras accións de colaboración.