Máis de 200 patinadoras participaron na última fase de niveis de patinaxe libre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño foi escenario da última Fase de Niveis de patinaxe artística na modalidade de libre de ano 2024, nunha cita que se desenvolveu durante toda a pasada fin de semana no anexo do pavillón polideportivo Paco Chao e reuniu a 236 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs do sur de Galicia. Este evento estivo promovido pola Federación Galega de Patinaxe baixo a organización do Club Aehde O Carballiño. O club carballiñés participou cunha ducia de patinadoras repartidas entre os niveis un ao tres.  Por outra banda, o Club Aehde tamén organizará neste mes de outubro o Campionato Galego de Rollercross e a Copa Deputación da mesma modalidade, citas que coincidirán o domingo día 13 na Praza do Emigrante e para os días 16 e 17 de novembro celebrarase a sétima edición do trofeo Vila do Carballiño de patinaxe artística na modalidade de libre.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A patinaxe en O Carballiño arrincou 11 anos atrás como unha actividade extraescolar baixo a organización da ANPA do colexio Calvo Sotelo por demanda dunhas pequenas coa teima de patinar. Pero antes de nacer Aehde coma entidade anda quedaban pasos por percorrer, xa que de actividade extraescolar pasouse á creación dunha escola municipal a cal foi o xérmolo para o nacemento do club, cunha acta fundacional que data do ano 2013 baixo a presidencia de Virginia López. Un ano despois xa arrancou unha segunda época con Uxio Álvarez Centeno na presidencia, e, durante este tempo o Club de Patinaxe Aehde O Carballiño foi medrando en número e en estructura, así como en oferta, misturando a patinaxe artística coa patinaxe en liña, un dos contados casos que existen en Galicia.