Este xoves acto cultural do IEC no Auditorio e tamén entregaranse os premios dos Primeiros microrrelatos.

Acto cultural do Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC)

Con motivo da celebración dos vintecinco anos da creación do Instituto, o próximo día 10 de outubro, xoves, vaise celebrar un acto cultural no auditorio Manuel María do Carballiño, no que o grupo musical galego A Quenlla ofrecerá un concerto. Nese mesmo acto entregaranse os premios dos Primeiros microrrelatos convocados polo IEC.

O alumnado dos dous Institutos de Ensino Secundario (IES) do Carballiño -IES nº 1 e IES Manuel Chamoso Lamas- son os convidados especiais deste acto. Os seus directores recibirán para as súas bibliotecas un agasallo de libros publicados polo Instituto de Estudios Carballiñeses. O acto será presentado pola actriz galega Uxía Blanco, socia do IEC.

Patrocina o acto a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

A entrada é de balde para os asistentes.

Hora: 11 da mañá.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------