Luis Menor recoñece a entidade e historia de La Troya e comprométese a colaborar desde a Deputación na medida das posibilidades da institución

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 11 de outubro de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Sociedade Artística La Troya, onde se fixo un repaso á traxectoria desta entidade xa centenaria, con 102 anos de historia, “e que forma parte destacada nun barrio con tanta singularidade e personalidade como é A Ponte”, explica Menor.

No encontro abordáronse as necesidades deste colectivo e o seu relevo xeracional, así como a intención da directiva de relanzar actividades culturais, educativas e de diversa índole que quedaron mermadas tralo COVID.

Desde a Deputación o seu presidente recoñece a entidade e importancia de la Troya e manifesta o claro compromiso, na medida das posibilidades da institución provincial, de colaborar que esta sociedade artística poida cumprir cos seus obxectivos.