Será o venres 25 de xuño ás 20.30 no anexo do pavillón Paco Chao e o cartel foi elaborado con debuxos das propias patinadoras e patinadores

O Club de Patinaxe Aehde O Carballiño pecha a tempada 20/21 da súa escola de patinaxe, adicada a iniciación cas máis pequenas e pequenos, o venres 25 de xuño ás 20.30 horas cunha Gala de Fin de curso a celebrar no pavillón anexo Paco Chao e na que participarán as rapazas e rapaces da escola, as deportistas de competición do club na modalidade de libre e o grupo show da entidade.
O acto, por normativa covid, será restrinxido e con invitación, sendo este o requisito indispensable para poder acceder ó local previa recollida de datos e controis.
As nenas e nenos da escola viñeron traballando dun xeito habitual, salvo os paróns derivados da pandemia, todos os martes e xoves dende o mes de outubro no pavillón do IES número 1 e agora reciben o recoñecemento ó seu esforzo. Como curiosidade, o cartel do evento foi realizado co debuxos das propias patinadoras e patinadores.
Torneo en Salvaterra
Por outra banda, o grupo show do Club Aehde O Carballiño tomará parte o sábado no Trofeo Salvaterra Milenaria na modalidade de show, unha cita que contará con clubs de toda Galicia.