Onte comezou en Lobios un obradoiro sobre xestión de montes

  • A próxima semana terá lugar no Multiusos de Lobios o obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”.
  • Organiza a actividade a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) no marco da Rede Eusumo.
  • É posible inscribirse en www.agaca.coop ou chamando ao 981 58 47 83.

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”  busca espertar o interese das persoas mozas desempregadas, así coma  dos propietarios de terras, en activalas para extraer maior rendemento. Será no Multiusos de Lobios entre o 2 e o 6 de novembro, de 16:00 a 19:00h.

Publicidade

A xornada do luns centrarase en expoñer iniciativas innovadoras que se desenvolven con éxito no mundo rural, como poden ser proxectos de extracción de resina, cultivo de olivas e castañas, eficiencia enerxética e sector de  porco celta.

Nas seguintes xornadas falarase sobre Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza estas actividades, que se enmarcan na programación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.