Presentación da campaña de comercio para o Nadal de Ribadavia.

IES CHAMOSO LAMAS

Na Ponte presentará toda a programación de Nadal.

O Concello de Ribadavia e a Asociación de comercio local (Establecementos Asociados do Ribeiro, EAR) presentaron hoxe o Mercadillo de Nadal de Ribadavia, que se celebrará na fin de semana do 18 e 19 de decembro.

HIPER MASIDE

O Concello colabora coa asociación EAR para a organización do Mercadillo de Nadal e coas actividades que se celebrarán durante esa fin de semana en Ribadavia. O Concello a través dun novo convenio colabora con EAR na financiación das actividades deste Mercadillo.

O Mercado de Nadal celebrarase de maneira descentralizada en cada un dos comercios de Ribadavia, e adaptado ás normas de prevención anti-covid. Tamén haberá actividades de rúa e animación.

Ademais do Mercado, desde a Asociación EAR comezan hoxe a sortear premios por valor de 1.500 euros ata o vindeiro 6 de xaneiro.

– BONO COMERCIO NADAL 2021: Por parte do Concello de Ribadavia e co obxectivo de dinamizar o comercio local en NADAL crearase un Bono Comercio, o cal ofrece 10 euros de desconto por cada 30 euros de compra no comercio local de Ribadavia. Algo que foi unha petición realizada desde EAR, e posible grazas á modificación orzamentaria realizada no Pleno de novembro.

O Concello quere con esta medida fomentar as compras no comercio local nunha campaña moi importante para o sector. Desde o Concello de Ribadavia trasladaráselle aos demais concellos do Ribeiro a que se sumen a esta campaña para que se poidan sumar veciños de outros municipios da comarca.

Nas vilas e municipios como o noso, o sector do comercio é unha sector socioeconómico clave. Ademais, supón darlle vida a Ribadavia en todos os sentidos.

Desde o Concello facemos un chamamento a todos os veciños de Ribadavia e do Ribeiro a realizar nestas datas todas as compras posibles no comercio local e comarcal.

O Concello de Ribadavia e Establecementos Asociados do Ribeiro pretenden con estas accións dinamizar o comercio local neste Nadal 2021.

– PRESENTACIÓN DO NADAL 2021 NO CONCELLO:

Por outra banda, o Concello ten organizado un programa importante de actividades de Nadal, que presentará nos vindeiros días, xunto coa decoración e ambientación de rúas. acendido de luces realizarase nesta ponte e durará ata o finalizadas as festas, despois do 9 de xaneiro.