A campaña ‘Creamos saúde’ de Cruz Vermella fixo parada no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cruz Vermella, coa colaboración da empresa Vegalsa Eroski, está a levar a cabo unha campaña de sensibilización a nivel de toda Galicia, dirixida á poboación de 65 e máis anos, para promover de xeito divulgativo ferramentas e coñecementos sobre a importancia da alimentación na nosa saúde. Esta iniciativa lévase a cabo ao traverso dunha furgoneta, que está a percorrer diferentes localidades galegas, e que na xornada de hoxe fixo unha parada no Carballiño, na que persoal de cociña e chefs da Escola de Hostelería de Vilamarín prepararon unha amplia variedade de petiscos con produtos frescos de tempada e proximidade que distribuiron, ademais dun recetario, para a súa degustación entre a veciñanza que se achegou ata o recinto da Praza Maior da vila. Saúde, sostibilidade e coñecemento son os piares da estratexia de alimentación conscente que está a desenvolver a Cruz Vermella e na que se basa o ‘Creamos Saúde Tour’, co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación axeitados, así como prácticas de consumo máis ético. A furgoneta desprazarase o vindeiro xoves ata Ourense, antes de continua-la súa viaxe cara a Pontevedra.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO