A mellora da rúa Ourense continúa coa construcción de novas beirarrúas  

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A execución do proxecto de acondicionamento integral da rúa Ourense, principal entrada ao casco urbano do Carballiño dende a estrada N-541 e a autovía AG-53, avanza seguindo o programa previsto, coa fase de construcción das novas beirarrúas entre as rotondas da rúa Conde Vallellano e da Fontela. As obras correspondentes ás instalacións de novas redes de abastecemento e saneamento, con separación das augas pluviais, están prácticamente rematadas, eliminando deste xeito os verquidos fecais ao río Carrás procedentes desta mesma rúa, da avenida 25 de Xullo e dunha parte do parque empresarial, aliviando a carga que soporta a estación depuradora de Partovia. Noutra fase posterior, o proxecto contempla a construcción dunha nova glorieta, a reposición do pavimento, a instalación de alumeado e mobiliario urbano e axardinamento en todo o tramo. Todo o proceso construtivo supón un investimento global de 1,7 millóns de euros, dos que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil financia o 80% mentres o Concello do Carballiño aporta o 20% restante. O alcalde, Francisco Fumega, confía en que os traballos manteñan o ritmo actual e que en breve se poida desfrutar desta gran avenida de acceso á vila do Arenteiro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO