Espazo Común solicitará información ao Concello do Carballiño sobre o proceso efectuado recentemente para acceder ao obradoiro de emprego Carbomas, xa que, según subliñan, foron varias as persoas que se dirixiron a este grupo político con queixas sobre “a máis que dubidosa selección de persoal realizada”. Logo de buscar información sobre o proceso nas páxinas web dos tres concellos participantes (O Carballiño, Boborás e Maside), os integrantes de Espazo Comón aseguran que “non fomos quen de atopar nada ao respecto polo que só poidemos acceder aos escasos datos publicados no taboleiro físico do Concello do Carballiño”.
Deste xeito, indican que comprobaron que “na puntuación final para baremar aos candidatos, foi decisiva a entrevista persoal realizada por un tribunal con representantes das tres administracións, contando case tanto na puntuación final como a situación persoal”. Dende Espazo Común engaden que, “no caso do Carballiño resulta chocante, pois esta modalidade de entrevista persoal para a selección de traballadores foi derogada no ano 2015, sendo concelleiro de persoal Adolfo Nogueira, para cumplir coa promesa de evitar que esta práctica que se presta excesivamente para ‘colocacións a dedo’ seguise sementando dúbidas e inxustizas”.