O Cine Club proxecta este venres o filme “Lingui. Lazos sagrados”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este venres día 27 de xaneiro o Cine Club proxecta unha película de Chad, cuxa filmografía rara vez chega ás nosas salas. “Lingui. Lazos sagrados” céntrase na historia dunha nai, Amina e a súa filla de 15 anos, María,  que queda embarazada. O aborto está prohibido no seu país e condenado tamén pola relixión. Amina inicia así unha batalla que parece perdida de antemán.

A partir deste feito, o director Mahamat-Saleh Haroun constrúe unha película sinxela e rotunda, un canto á solidariedade e a complicidade entre as mulleres que resisten nun mundo dominado polos valores dos homes e o patriarcado. a película esteouse no Festival de Cannes, onde competiu pola Palma de Ouro.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Neste caso os dous pases do filme serán en versión orixinal subtitulada en español, xa que non existe copia dobrada. Coma sempre, ás 20:00 e ás 22:30 no Auditorio Manuel María do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------