O Carballño acolle mañá unha xornada para a recollida de voces en galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño acollerá unha xornada de ‘captación de voz’ en lingua galega no marco do Proxecto Nós, promovida pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e que se levará a cabo na aula de informática Cemit do Concello, ubicada no terceiro andar da Casa da Cultura, en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. Tódalas persoas que participen recibirán un libro e unha libreta como agasallo pola súa colaboración. A concelleira de Normalización Lingüística, Lorena Castro, animou a toda a veciñanza a participar nesta recollida de voces, coa opción de inscribirse previamente nas oficiñas deste departamento municipal ou chamando ao teléfono 662.197.665.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Proxecto Nós (www.nos.gal) é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Lingua e AMTEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ten como obxectivo fundamental que a lingua galega non fique excluída de ningún dos novos desenvolvementos dixitais. Para isto, estase a realizar un importante traballo que permitirá desenvolver diferentes tipos de ferramentas, totalmente compatibles coa lingua galega, como: sistemas de síntese de voz, de recoñecemento de fala, de xeración automática de texto, de diálogo ou axentes conversacionais, de tradución automática de tipo neuronal, de extracción de información e minaría de textos, resumidores automáticos ou correctores lingüísticos automáticos, entre outros.

Grazas a ese traballo lograrase que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a nosa lingua e que, polo tanto, todo galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico: cando lle

damos unha orde ao GPS do noso coche, cando falamos cun asistente de voz -como Siri ou Alexa-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando queremos traducir un documento, cando lle ditemos a un procesador de texto, cando pedimos unha cita no médico ou queremos facer unha xestión no banco, por pór só algún exemplos.