Roberto Pascual, director artístico saínte da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, despediuse no pleno do Concello tras 16 anos á fronte dun festival que cualificou como “paradigmático da cultura galega”. Pascual lembrou o seu inicio en 2009, con 27 anos, e a 25.ª edición da mostra como “transición e celebración do legado”.
Xa por último, puntualizou que a súa saída estaba planificada desde hai dous anos, comprometéndose a colaborar para que a MIT siga sendo “un referente acorde á esixencia profesional dos novos tempos”.