O tradutor carballiñés Gabriel Álvarez Martínez gaña o Premio Xela Arias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A AGPTI ( Asociación galega de tradutores e intérpretes ) por unanimidade, outorgou o #PremioXelaArias nesta VII edición a Takekazu Asaka e a Gabriel Álvarez Martínez por construíren mediante o seu dedicado traballo unha sólida ponte entre as culturas galega e xaponesa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Premio Xela Arias é un premio creado en 2018 pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. O seu nome recoñece o labor de Xela Arias como tradutora. Os seus obxectivos son poñer en valor a tradución profesional e o galego como lingua de traballo.

Ten carácter simbólico e premia empresas, entidades ou persoas que destaquen pola promoción da tradución ou a interpretación cara a ou desde o galego.


Gabriel Álvarez Martínez, nado no Carballiño en 1985[1], é un tradutor galego coñecido principalmente polos seus traballos literarios da lingua xaponesa cara á galega.

Traxectoria

É licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Estudou un ano como Erasmus no Institut Supérieur de Traducteurs et Interprètes de Bruxelas. Viviu en Newcastle, en París e no Xapón[2].

Na súa faceta de tradutor literario, traballou para editoriais de ámbito galego como Galaxia ou Rinoceronte (neste segundo caso en colaboración con Mona Imai), así como para outras de ámbito español como Galaxia Gutenberg ou Tusquets. Amais da narrativa, entre os xéneros que traduce destaca o manga.

Fonte: Wikipedia


NOVAS PUBLICADAS EN BADALNOVAS RELACIONADAS CON GABRIEL

7 de agosto de 2022

O ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón concede un premio ao carballiñes Gabriel Álvarez Martínez

O pasado 4 de agosto, o Ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón anunciou o nome dos premiados coa Distinción do Ministro de Asuntos Exteriores do ano fiscal 2022. Unha distinción outorgada a 197 persoas e 48 grupos en todo o mundo.

No caso do estado español, a distinción correspondeu á deportista Sandra Sánchez Jaime, campioa de karate, e ao tradutor carballiñés Gabriel Álvarez Martínez por teren contribuído de xeito destacado a fomentar as relacións de amizade co Xapón, e como recoñecemento ao seu traballo.

Gabriel Álvarez Martínez, doutor en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo, realizou un mestrado de lingüística e comunicación na Universidade de Kobe, cidade na que residiu entre os anos 2010 e 2014.  No ámbito profesional, ten traducido ao galego e ao castelán numerosas obras de literatura e banda deseñada xaponesas.


4 de abril de 2022

Unha tradución do carballiñes Gabriel Álvarez Martínez seleccionada na lista de honra do Ibby 2022


20 de decembro de 2020

Nova tradución do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez: “Unha noite no tren da vía láctea”

Unha escolma de sete relatos de Kenji Miyazawa (1896-1933) chega esta semana ás nosas librarías da man de Aira Editorial (Allariz) e do tradutor carballiñés Gabriel Álvarez Martínez. Os contos e poemas deste autor son moi apreciados e lidos tanto no Xapón coma no resto do mundo.

Unha noite no tren da vía láctea é unha escolma levada a cabo polo tradutor dalgunhas das historias máis representativas de Miyazawa. Contos que son xa clásicos da literatura xaponesa e que teñen sido adaptados ao cinema, ao teatro ou á banda deseñada. Historias para todos os públicos con magnificas ilustracións de Miguel Robledo, un dos debuxantes de banda deseñada e ilustradores máis importantes no momento actual na Galiza.


5 xullo 2020:

Publicado o libro “O Caranguexeiro” do autor Takiji Kobayashi e tradución do carballiñes Gabriel Álvarez Martínez

Obra traducida polo carballiñes Gabriel Álvarez Martínez traductor de varios libros de autores xaponeses entre os que destaca o varias veces aspirante ao Premio Nobel de literatura Haruki Murakami

ENLACE A PÁXINA WEB DA EDITORIAL

Clic na Imaxe

O caranguexeiro, publicada por entregas na revista Senki entre os meses de maio e xuño de 1929 e apenas un trimestre máis tarde como volume exento, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Malia tratarse dun texto breve, destaca a potencia coa que Kobayashi reflicte a desvalorización e o maltrato das clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que mesmo chegou a prohibir a obra; no entanto, anos despois, esa mirada contestataria sería clave para atraer o interese de lectores e lectoras de todo o mundo, unha vez que se traduciu a decenas de linguas.

O punto de partida para a historia é sinxelo: no xélido marco do mar de Okhotsk, Asakawa, o cruel superintendente dun barco factoría, o Hakkō Maru, explota con modos ruíns a súa numerosa tripulación, que sofre severos castigos e represalias. En consecuencia, e a pesar da vixilancia dun buque patrulla da mariña imperial, xorde entre os homes de mar a posibilidade dun motín.

A novela de Kobayashi coñeceu distintas versións teatrais e cinematográficas e foi adaptada como manga, sempre con grande éxito de crítica e público. Boa parte do seu atractivo radica se cadra na fácil translación da historia a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral. Así se explica, por exemplo, o boom de vendas que experimentou no Xapón tras o crac financeiro de 2008.


10 de febreiro de 2020:

O libro “Momoko y la gata” traducido polo carballiñes Gabriel Alvarez Martínez

O pasado dia 6 púxose á venda o libro Momoko y la gata da escritora xaponesa Mariko Koike. A tradución ao español foi realizada polo carballiñes Gabriel Alvarez Martínez, que xa leva tradudido varios libros do afamado escritor Haruki Murakami, proposto varias veces para o Premio Nóbel. Gabriel tamén é un especialista na tradución de mangas.

Os gatos son un material literario moi interesante. Poucos animais dan tanto xogo para escribir sobre eles. Son elegantes, misteriosos, independentes, interesados, ariscos e adorables ao mesmo tempo, simpáticos, áxiles, cabezones, ocurrentes e, sobre todo, gústalles ser os protagonistas.

Na seguinte crónica aparecida no xornal ” El PAÍS ” profundizase máis na temática.