Dende a Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense desexamos trasladar o noso pesar polas vítimas causadas pola DANA, que afectou a distintos puntos da xeografía do país, e o noso apoio aos e ás damnificadas que están a reconstruir e recuperar os seus pobos sen descanso dende hai unha semana. O noso máis sinceiro pésame e cariño para todos e todas as que perderon a familiares e amigos e azos para aqueles e aquelas que aínda agardan novas das persoas desaparecidas.
Non existen palabras que poidan aliviar a inmensa dor que supoñen as perdas humanas, pero queremos que todas as persoas saiban que non están soas. Compartimos a súa dor e queremos mandarlles o agarimo da militancia socialista da cidade de Ourense.
Así memo, queremos poñer en valor o titánico esforzo e traballo que tantos profesionais e cidadáns e cidadás están a levar a cabo estes días para que as rúas, vivendas e servizos públicos queden liberadas de lodo e comecen a funcionar con normalidade. Recoñecemos tamén o esforzo por parte do Estado para proporcionar medios materiais, económicos e humanos ás Comunidades Autónomas para paliar os estragos do temporal. O maior despliegue de efectivos militares e de forzas e corpos de seguridade en tempos de paz.
Sen esquecer a determinación e axilidade que levou a tantas persoas, da nosa cidade e do resto de España, a achegarse ata as localidades afectadas para arrimar o lombo e traballar ou levar víveres, auga e material imprescindible para continuar coas labores de limpeza.
Así mesmo, non podemos máis que condenar taxantemente a violencia que durante a visita do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, se viviu este fin de semana a Paiporta (Valencia) e na que tamén estaban presentes os reis de España e o presidente da Comunidade Autónoma, Carlos Mazón. Non son tempos para a discrepancia nin a exaltación, senón de continuar axudando para dar resposta a unha catástrofe para que facer unha fronte común sexa o prioritario.