Beatriz Vitiere e David Mató da Policia Local do Carballiño regresaron de Paiporta despois de colaborar nos traballos de rescate e recuperación tras as desfeitas ocasionadas pola Dana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os policías locais de Carballiño Beatriz Vitiere Bouso e David Mató López, demostraron unha vez máis a entrega e solidariedade dos axentes de servizo. Ambos viaxaron ata a localidade valenciana de Paiporta para colaborar nos traballos de rescate e recuperación tras as desfeitas ocasionadas pola devastadora Depresión Illada en Niveis Altos (DANA) que azoutou á Comunidade Valenciana o pasado 29 de outubro.

A DANA, que sorprendeu a Valencia cunha virulencia inusual, deixou inundacións, desfeitas en vivendas, negocios e estradas intransitables, ademais de provocar o desaloxo de numerosos veciños afectados. Ante a situación crítica que vivían os habitantes de Paiporta, os axentes de Carballiño non dubidaron en unirse aos esforzos colectivos da veciñanza por reparar os danos ocasionados.

Durante catro días, Mató e Vitiere traballaron ombreiro a ombreiro con efectivos locais, protección civil e voluntarios para brindar apoio nas zonas máis afectadas, colaborando no desescombro de vivendas, tarefas de limpeza en espazos públicos e brindando axuda directa ás familias. O seu labor tamén incluíu a entrega de alimentos e produtos de primeira necesidade a quen perdera gran parte das súas pertenzas debido ao impacto das choivas torrenciais.

“É en momentos como estes cando un dáse conta da importancia da axuda mutua e da solidariedade entre comunidades”, declarou David Mató nun breve comentario durante a súa xornada de traballo en Paiporta, mentres coordinaba un grupo de voluntarios.

Pola súa banda, Beatriz Vitiere comentou: “A magnitude dos danos é impactante, pero a resposta da xente, que traballou sen descanso para apoiar aos seus veciños, é igualmente impresionante. Estamos aquí para axudar no que sexa necesario e para dar un pouco de alivio ás persoas que pasaron por momentos tan dramaticos.