O BNG impulsa unha proposta de Declaración Institucional na Deputación de Ourense para que as zonas destruídas polos lumes sexan declaradas zona catastrófica

IES CHAMOSO LAMAS

Bernardo Varela procura o apoio de todos os grupos políticos provinciais de Ourense para demandar a máxima celeridade das administracións para mobilizar recursos en favor da veciñanza e dos espazos naturais afectados polos lumes.  

Ourense, 22 de xullo de 2022. O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, demandaba desde o ente provincial a “máxima celeridade” para desenvolver as axudas económicas na maior brevidade posible. A proposta foi debatida na Xunta de Voceiros de hoxe na Deputación, porén deberá ser trasladada ao pleno provincial do vindeiro 29 xullo para conquerir o apoio de todos os grupos a esta proposta para a súa aprobación como Declaración Institucional.

OZOCOgz Deseño Galego

 O BNG pide, a través da súa proposta de Declaración Institucional,  que se declaren as zonas afectadas polo lume como “zonas catastróficas” para que se habiliten axudas para que a cidadanía poida recuperar o que perderon e rehabilitar e recuperar  zonas afectadas, moitas delas de especial importancia ambiental.

 A lei estatal de Protección Civil contempla que cando aconteza un fenómeno extraordinario pola súa magnitude e gravidade e altere as condicións de vida dos cidadáns,  poden pórse en marcha diferentes tipos de medidas e axudas coa a declaración de emerxencia de protección civil por acordo do Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Facenda e de Interior. A lei recolle que “se valorará que se teñan producido danos persoais e materiais derivados dun sinistro que perturbe gravemente as condición de vida da poboación nunha área xeográfica determinada”. Iso precisamente é o que acontece en Valdeorras, O Courel, O Invernadoiro e outras zonas de Galiza

 Así, o Grupo Nacionalista procura acadar  que  os representantes públicos da provincia reclamen ao Goberno do Estado que se inicie o procedemento de declaración das zonas afectadas polos incendios de Galiza como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil pola grande extensión do terreo calcinado e as vivendas destruídas, en aplicación do contemplado no artigo 23 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil 

 “É necesario iniciar as medidas que poidan reparar e indemnizar os danos causados nas propiedades das persoas e tamén nos espazos naturais afectados. Polo que é fundamental que a Administración Xeral do Estado, unha vez rematado o balance de danos, impulse a declaración de emerxencia de protección civil” sinalou Varela. 

Por isto mesmo o BNG incluía na proposta de Declaración Institucional a demanda de  aprobar e estabelecer as medidas contempladas no artigo 24 da Lei de Protección Civil que comprenden axudas económicas a particulares, así como medidas fiscais, de exención tributaria ou medidas laborais e de Seguranza Social.