Ribadavia, única finalista de Galicia na competición de Nadal que elixe á vila máis fermosa e navideña de España

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O alcalde, César Fernández, defendeu hoxe a cantidatura, que competite con 4 localidades por protagonizar a campaña de nadal de Ferrero Rocher

Ribadavia, 4 de novembro de 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia representou a toda Galicia como única finalista galega no prestixioso concurso “Juntos Brillamos Más 2024” de Ferrero Rocher, que busca a vila máis bonita e navideña de España para estas datas de Nadal. Xunto a Ribadavia, as outras localidades finalistas son Ágreda (Soria), Biar (Alicante), La Adrada (Ávila) e El Coronil (Sevilla). O evento tivo lugar hoxe, cando o alcalde César Fernández participou na gala retransmitida en directo, defendendo a candidatura da localidade.

A gala, que puido seguirse dende a canle de YouTube de Ferrero Rocher ES, marcou o inicio das votacións en liña, permitindo ao público apoiar a Ribadavia na súa aspiración de converterse na protagonista da campaña de Nadal de Ferrero Rocher. Durante o evento, tamén se desvelou o “toque dourado” de Ribadavia: a ponte de San Francisco, un lugar emblemático decorado cos característicos adornos dourados da marca, simbolizando a maxia do Nadal na vila.

Durante o programa, o alcalde de Ribadavia explicou que dende o Concello e coa colaboración veciñal se decorou unha das pontes da vila, sobre o río Avia. “Fixémolo porque a auga é un elemento chave dos que gozamos no noso Concello, non só co Avia senón tamén co Miño, que nos dan unhas paisaxes naturais únicas. Pero ademais temos augas termais, como nas Termas de Prexigueiro, un recurso diferenciador do noso Concello. Todo isto únese a un patrimonio arquitectónico e histórico envexable. Ribadavia ten un conxunto histórico declarado de Interese Cultural e, ademais, somos a capital do Ribeiro, o mellor viño de España. Pero o máis importante que temos en Ribadavia é a nosa xente, un pobo moi vivo, con xente acostumada a traballar unida para facer eventos e actividades como a Festa da Istoria, a Noite Meiga… Actividades que saen do propio pobo, que se une para crear estos eventos e que dende o Concello apoiamos. Cunha xente tan activa estamos seguros de que temos que gañar”, destacou o alcalde na súa intervención para defender a candidatura.

Yolanda Gómez, concelleira de Cultura, anima pola súa banda a toda “a veciñanza e a todos os visitantes de Ribadavia a fotografarse, crear reels e compartir a maxia de Ribadavia nas redes sociais”. “O lema ‘Juntos brillamos más’ reflicte o que necesitamos para gañar este premio: a axuda de toda Galicia”, engadiu.

Dende o Concello de Ribadavia agradecen todos os apoios e animan a seguir votando para que esta vila do Ribeiro poida brillar coa súa beleza na campaña de Nadal de Ferrero Rocher.