O Club KYO HKD do Carballiño aportou medallas para que Galicia lograse o 3º posto no Campionato de España de Hapkido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O hapkido segue a gañar forza en Galicia e o Campionato de España e o ‘World Hapkido IHCF Championship’ (Campionato do Mundo) celebrados en Sevilla o pasado sábado, 9 de novembro, foron unha excelente oportunidade para que os nosos deportistas demostren a súa valía sobre o tatami. Entre eles, os integrantes do Club KYO HKD do Carballiño, que contribuiron a que Galicia conquerise o terceiro posto na clasificación xeral por autonomías do certame mundial ao obter un total de 17 medallas: 3 ouros, 6 pratas e 8 bronces, consolidando así a súa posición no panorama global do hapkido. Concretamente, a escola de artes marcíais que dirixe Fidel Gómez trouxo de Sevilla unha medalla de prata na categoría de trío infantil de cinto de cor e un bronce en individual cinto negro senior 2. Asimesmo, en colaboración con outros membros da Federación Galega, logrouse unha medalla de prata na categoría de equipo G3 Cor +30 anos e outra de bronce en equipo G3 cintos negros +30 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o club carballiñés apuntan que “estamos orgullosos dos nosos atletas e compañeiros de Federación, quenes, asemade de competir con entusiasmo, representaron os valores de compañeirismo e adicación que caracterizan a esta disciplina”. Consideran que “máis alá dos resultados, este campeonato representou unha valiosa oportunidade para dar visibilidade ao hapkido, un arte marcial que combina técnicas de defensa persoal con valores esenciais para o desenvolvemento persoal e a convivencia”, de xeito que “os logros acadados refrexan o esforzó, a adicación e a pasión dos nosos deportistas, demostrando que o hapkido é moito máis cá un deporte: é un estilo de vida”. Finalmente, os responsables do Club KYO HKD agradecen profundamente “á nosa comunidade do Carballiño, a os nosos Mestres, deportistas e compañeiros de Federación, familias e seguidores o seu apoio constante”.

O club tamén recibíu a noraboa e os parabéns do Concello do Carballiño pola súa participación neste torneo de hapkido celebrado este pasado sábado no polideportivo San Pablo de Sevilla. Polo club KYO HKD, fundado no ano 1992, viaxaron ao Campionato de España 20 deportistas, 14 deles representando á Federación Galega de Taekuondo e, o resto, competindo directamente polo club, unha cifra moi significativa, xa que é un 40% do total de 50 representantes galegos.