Esta mañá, na concorrida feira de Carballiño, vivíronse momentos de intensa angustia tras a desaparición dun menor de sete anos, que vestía un pantalón claro e un xersei escuro, extraviouse entre a multitude, provocando unha rápida mobilización dos seus pais e dos corpos de seguridade.
A preocupación creceu rapidamente, e a Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local despregaron un amplo operativo de procura. Mentres tanto, os pais, visiblemente afectados, non deixaron de percorrer o lugar coa esperanza de atopalo.
A procura culminou con éxito ao redor da unha da tarde, cando un axente da Policía Local localizou ao menor en perfecto estado. A noticia trouxo un inmenso alivio e alegría tanto para os pais como para o público que seguia de cerca o suceso.
O incidente, aínda que inquietante, serviu para destacar a eficacia e o compromiso dos corpos de seguridade en situacións de emerxencia, así como a importancia da colaboración cidadá nestes casos. A feira recuperou o seu ritmo habitual, con todos aliviados