O Concello do Carballiño, premiado na 7ª edición do certame ‘Vilas en Flor’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O movemento ‘Vilas en Flor Galicia 2024’ premiou ao Concello do Carballiño con dúas frores de honra na 7ª edición deste programa, orientado ao recoñecemento da traxectoria e das accions levadas a cabo polos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da súa contorna. A Casa do Concello de Salvaterra de Miño, en Pontevedra, acolleu onte a gala de entrega das Frores de Honra aos representantes institucionais dos 42 municipios de Galicia premiados nesta edición. No caso do Concello do Carballiño, o galardón foi recollido por Rosa Fuentes, concelleira de Espazos Públicos e Benestar Social, que participou no acto oficial.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A organización destacou que unha das principais novidades deste ano é que foron cinco os concellos que conqueriron o máximo galardón das 4 frores de honra, xa que a Allariz, Chantada e Tomiño sumáronse Salceda de Caselas e Carballo, de xeito que Galicia recibíu un total de 94 frores de honra. Na categoría de 3 frores foron 10 os municipios premiados, e ademais do Carballiño, outros 16 concellos fixéronse acredores do premio de 2 frores, entre eles o Concello de Leiro, da comarca do Ribeiro, e o tamén ourensán de Manzaneda. Finalmente, A Pobra de Trives, San Xoan de Río e Xinzo da Limia acadaron 1 fror de honra xunta con outros sete municipios da comunidade galega.

A gala que tivo lugar onte na Casa do Concello de Salvaterra contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto; a alcaldesa da localidade, Marta Valcárcel Gómez; e dos representantes das tres entidades promotoras: Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; Víctor Pérez Vilar, presidente de Agaexar, e Fernando Otero Vilariño, vicepresidente de Asvisnor. Ademais de Pedro Calaza Martínez, director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, acompañaron aos representantes municipais os membros do xurado, que foron os encargados da avaliación dos programas e actuacións ambientais dos municipios. Os patrocinadores desta edición son a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, a través do Instituto de Estudios doTerritorio, e as empresas ambientais Husqvarna, Rain Bird y Makita.

“Cada ano vanse sumando máis participantes a este movemento, que permite compartir experiencias, xenerar sinerxias e avogar por unha mellor xestión do territorio”, apuntou Pedro Calaza. Asemade, este voceiro da organización valorou o feito de que “neste 2024, foron galardoados dous municipios máis con catro frores, o que supón aproximadamente un 12% dos presentados, e confiamos que no ano vindeiro poidamos chegar aos 50 participantes e se seigan conseguindo máis galardóns”. Ao respecto, Calaza lembrou que “a meirande parte dos 315 comcellos galegos poderían participar no programa, xa que tan só as sete grandes cidades superan os 40.000 habitantes”.

Ademais do diploma acreditativo, tódolos concellos premiados instalarán un sinal de estrada no acceso aos seus núcleos urbanos para remarcar a súa pertenza ao programa ‘Vilas en Flor’ e o seu esforzo pola xestión sostible dos seus espazos verdes coma eixo fundamental das políticas municipais para facer dos seus municipios bós lugares para vivir e visitar.