Manuel Pardo salienta que 305 autónomos da provincia de Ourense recibiron unha achega de máis de 875.000€ da Xunta para mellorar a competitividade dos traballadores por conta propia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Manuel Pardo explicou que co programa ‘Bono Autónomo’, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu 8M€
  • Este bono cofinanciou o 60% do custo dos servizos de apoio e os investimentos cun límite de 7.000 euros
  • Manuel Pardo sinalou a importancia de difundir os programas destinados a fortalecer o emprego autónomo e de visibilizar os beneficios do emprendemento como fórmula de éxito en Galicia

Ourense, 15 de novembro de 2024.– O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá a un establecemento comercial da cidade, ‘Sierra Joyeros S.L.’, un dos beneficiarios do programa da Xunta, Bono Autónomo, con máis de 1.750 euros

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial salientou que na provincia de Ourense, unha provincia con tradición para emprender, foron beneficiarios 305 autónomos que recibiron unha achega total de preto de 875.400€ para mellorar a competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia.

Manuel Pardo explicou que a Xunta apoiou este ano con ata 7.000 euros aos traballadores autónomos que tiñan unha antigüidade superior aos 42 meses para que puideran ofrecer novos servizos e realizar investimentos que impulsasen a súa capacidade competitiva.

Neste programa ‘Bono Autónomo’, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu 8M€. Trátase dunha axuda que se realizou a través dun pagamento único no momento da presentación das facturas.

Este bono cofinanciou o 60% do custo dos servizos de apoio e os investimentos cun límite de 7.000 euros. Entre outros, financiouse a compra de maquinaria, equipamentos e ferramentas, reformas do local, adquisición de equipos informáticos, rótulos ou deseño de marca.

O delegado territorial destacou a importancia de difundir os programas destinados a fortalecer o emprego autónomo e de facer visibles os beneficios do emprendemento como fórmula de éxito en Galicia, alternativa ao traballo por conta allea, e dar a coñecer os recursos que existen na comunidade galega para comezar esta andadura.

Así mesmo, na visita, sinalou tamén que é clave acercar os futuros traballadores á realidade sociolaboral porque, nas súas palabras, as futuras xeracións sairán mellor preparadas para afrontar o seu futuro profesional cunha visión máis ampla do contexto social e laboral que lles rodea.