• O ciclo inaugurarase este venres 22 de novembro coa primeira xornada dedicada a ‘Cultivo e produción de castaña’ (Santiso)
- Até o 13 de decembro terán lugar as xornadas ‘Froiteiras autóctonas’, ‘Apicultura’, ‘Posibilidades no cultivo de oliveiras’ e visita ao proxecto Terra Agarimosa
Compostela, 18 de novembro 2024. Dende este venres, 22 de novembro, até o venres 13 de decembro terá lugar o ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’, que organiza a asociación Frouma co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. As xornadas están dedicadas ao cultivo e produción de castaña, as froiteiras autóctonas, apicultura, as posibilidades no cultivo de oliveiras e rematarán coa visita ao proxecto Terra Agarimosa.
A participación no ciclo é gratuíta e é preciso inscribirse no mesmo a través do formulario https://forms.gle/7Hx8tf9LuYGnK9dT9 (as persoas interesadas poden anotarse nas xornadas que desexen, non sendo necesario realizar o ciclo completo para formular a inscrición).
Máis información no contacto 608 175 565.
Programación:
22 de novembro: ‘Cultivo e produción de castaña’
A xornada ‘Cultivo e produción de castaña’ abrirá este venres 22 de novembro o ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’, que acollerá a Escola de Vilasantoña (Santiso) no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:
- Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
- Introdución ao cultivo da castaña e o manexo de soutos. A produción dentro da IXP – Manuel
López (IXP Castaña de Galicia)
- Experiencia de recuperación de soutos, transformación e comercialización – Davide Rodríguez (Amarelante SCG)
26 de novembro: ‘Froiteiras autóctonas’
O martes da próxima semana, 26 de novembro, continuaremos o ciclo coa xornada ‘Froiteiras autóctonas’, que se celebrará na Casa da xuventude de San Sadurniño e Horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:
- Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
- Cultivo e manexo de froiteiras – Ignacio Bellas. Asociación galega de froita autóctona do Eume (AGFA)
- Recuperación das variedades autóctonas – Ramiro Martínez (Viveiro O Pomariño e AGFA)
30 novembro: ‘Apicultura’
O sábado 30 de novembro será a quenda da xornada dedicada á ‘Apicultura’. Acontecerá no Local social de Santa María (Arzúa) no horario de 16:00h a 19:00h, e contará co seguinte programa:
- Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
- Introdución á instalación do apiario e manexo das colmeas – Miguel Méndez (Sindicato Labrego Galego)
- Retos actuais na produción apícola – Xesús Asorey (Máisquemel)
- A produción de mel dentro da IXP – Ester Ordóñez (IXP Mel de Galicia)
2 de decembro: ‘Posibilidades no cultivo de oliveiras’
A derradeira das xornadas do ciclo ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’, titulada ‘Posibilidades no cultivo de oliveiras’, sucederá no local do Sindicato Labrego Galego en Compostela o luns 2 de decembro no horario de 16:30h a 19:30h, e contará co seguinte programa:
- Recuperación dos montes para a produción de alimentos – Diego Sánchez (Asociación Frouma)
- Introdución ao cultivo e manexo de oliveiras. Posibles zonas de produción – Alfonso Rodríguez da Asociación de produtores de aceite e aceituna de Galicia (APAAG)
13 de decembro: Visita ao proxecto Terra Agarimosa
O ciclo de xornadas ‘Recuperación do monte para a produción de alimentos’ finalizará o venres 13 de decembro coa visita ao proxecto Terra Agarimosa (16:00h a 18:30h), un proxecto de produción combinada de horta, froita e cogomelos rexentado por Marián Piñeiro e David Botana.