A Xunta aproba os obradoiros de emprego “Carbosam” para os concellos do Carballiño, Boborás, Maside e San Amaro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, destina máis de 9,6M de euros a financiar 28 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense que se desenvolverán en 82 municipios e suporán a contratación de 552 persoas. Entre estes concellos están os do Carballiño, Boborás, Maside e San Amaro, que levaban xa dous anos sen concederse.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello do Carballiño vai a realizar traballos de mellora no entorno da Fábrica do Papel a través deste obradoiro.

No caso de Boborás rehabilitaranse 5 fontes lavadoiros e as súas contornas, o estar catalogadas quedarán sen teito de acordo as directrices de Patrimonio. E faranse en Vecoña, Vilachá, Regueiro-Saa, Parada de Cameixa e no Penedo.