Nivel alto de restricións para O Irixo e medio para O Carballiño

Os hospitais manteñen a capacidade de anteción, aínda que a maioría pasa a enfermidade no domicilio.

O comité clínico establece o nivel máximo de restricións nos concellos da Proba do Caramiñal e O Grove

Tamén determina o nivel alto para os municipios da Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral

AVANTAR ACTIVIDADES

Os termos municipais de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona quedan enmarcados no nivel medio de restricións

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.