As e os socialistas esixen que o executivo de Jácome convoque de novo a xunta de área de seguridade cidadá e mobilidade e denuncian que a do día de hoxe durou “menos de catro minutos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Foi unha auténtica burla: unha reunión que non chegou aos 4 minutos, sen respostas, sen documentación, sen información e sen respecto algún”, explica a edil do PSdeG Alba Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lembra que “o responsable de presidir o órgano” debería das explicacións “sobre asuntos como a Policía Local, os Bombeiros, a estabilización do persoal ou os conflitos laborais”, pero que volveu a ausentarse

Ourense, 19 de novembro de 2024. A primeira das Xuntas de Área que terían que desenvolverse esta mañá (Administración Xeral, Seguridade Cidadá e Mobilidade) reafirmou o escurantismo e desprezo á oposición que dende o executivo de Gonzalo Pérez Jácome practican cara aos grupos da oposición. “Foi unha auténtica burla: unha reunión que non chegou aos 4 minutos, sen respostas, sen documentación, sen información e sen respecto algún”, explica a edil do PSdeG Alba Iglesias.

E continúa sinalando que “o responsable de presidir o órgano” debería dar explicacións “sobre asuntos cruciais como a Policía Local, os Bombeiros, a estabilización do persoal ou os conflitos laborais”, pero que volveu a ausentarse. “No seu lugar, enviouse a unha persoa que nin ten respostas sobre temas pendentes nin é capaz de contestar ás novas preguntas por non ser a encargada desas áreas”, critica.

Neste senso, a concelleira do grupo municipal socialista describe a actitude do executivo local como unha “desfachatez que chega ao extremo de convocar unha Xunta de Área que só serve para cobrala sen traballar”.

“A veciñanza de Ourense merece saber o que está pasando, merece que se lles dea explicacións e merece un goberno que traballe con seriedade e responsabilidade. Todo o contrario a este executivo que decide responder coa non resposta: opacidade, obstrución e mala fe”, incide a edil.

Así as cousas, reclaman as e os socialistas que esta Xunta de Área se volva convocar a próxima semana, cunha orde do día clara, con documentación completa e con respostas concretas a todas as preguntas pendentes. “A democracia non se pode exercer dende a

opacidade, e os concelleiros non están para cobrar dietas sen traballar. O que está a acontecer coas xuntas de área é un síntoma máis dun goberno esgotado, sen proxecto e sen interese por resolver os problemas reais da cidade. En vez de avanzar, este goberno dedica os seus esforzos a esquivar responsabilidades e a bloquear o traballo da oposición”, remata contundente.