O Psdeg-Psoe de Ourense organiza este venres un acto na casa do pobo que contará coa presenza da sindicalista, Afra Blanco, e baixo o título “a revolta das utopías”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas inician deste xeito unha serie de actos, conferencias e parladoiros co que buscan abrir as portas da Casa do Pobo á cidadanía e revitalizar a sede provincial como punto de encontro para a veciñanza da cidade e provincia

Neste parladoiro, Blanco Rodríguez analizará diferentes temas de actualidade como a xeración de loiadas, as políticas progresistas, o desenvolvemento social e laboral, o benestar aportado polo actual Goberno progresista ou o papel das Casas do Pobo na sociedade

Ourense, 20 de novembro de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense inicia este venres día 22 a partir das oito da tarde na sede provincial do partido un ciclo de actos e conferencias co que busca abrir as portas da Casa do Pobo á cidadanía e revitalizar este lugar como punto de encontro para a veciñanza da cidade e provincia.

Neste primeiro encontro estará presente a sindicalista e colaboradora de numerosos programas de televisión, Afra Blanco Rodríguez. Un acto público e aberto a toda a cidadanía ourensá, baixo o título “A revolta das utopías” e no que Blanco Rodríguez analizará diferentes temas de actualidade dende un punto de vista político e enfocado aos problemas reais da cidadanía.

No acto analizaranse, entre outros temas de relevancia, a actualidade informativa e o incremento das loiadas nas redes sociais e nos programas televisivos, para posteriormente pasar a conversar sobre como as políticas progresistas desmontaron ao neoliberalismo. Afra Blanco tamén debaterá cos presentes sobre o escudo social progresista, o desenvolvemento social e laboral, así como o benestar social que aporta o actual Goberno progresista.

O PSdeG-PSOE de Ourense pretende que este acto sirva para reivindicar a Casa do Pobo como punto de encontro e de debate para a cidadanía. Sobre este tema tamén profundara Afra Blanco Rodríguez, que analizará o papel das Casas do Pobo como lugar de reencontro e retroalimentación da esquerda.

Afra Blanco Rodríguez, nada en Barcelona en 1987 leva anos ligada a acción sindical dende a Unión Xeral de Traballadores (UGT). Foi voceira de AVALOT, sección xuvenil da organización e na actualidade é responsable de Comunicación da Federación Estatal de Servizos, Mobilidade e Consumo (FESMC-UGT). A actividade de Blanco tamén a levou a converterse en colaboradora en mesas políticas de programas televisivos como Espejo Público, Al Rojo Vivo, La Sexta Xplica e incluso a facer artigos en medios como El Periódico, El Independiente e numerosos blogs relacionados con UGT.

A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense agradece a presencia de Afra Blanco Rodríguez na capital da provincia e a súa predisposición para sentarse a conversar con todos os cidadáns e cidadás que desexan achegarse a este parladoiro.