A agrupación municipal socialista conmemorará o 25n cunha actuación musical a cargo de “la dama de gris” e a lectura do manifesto nun acto aberto á cidadanía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas sumaranse aos actos oficiais do luns 25N e realizan un chamamento á cidadanía nun evento aberto que terá lugar o vindeiro martes 26 de novembro na praza Saco e Arce a partir das 20 horas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo musical ourensán “La dama de Gris” realizará unha interpretación de temas relacionados coa conmemoración do día e a memoria das vítimas

Ourense, 24 de novembro de 2024. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense organiza o vindeiro martes 26 pola tarde un acto con motivo do Día Internacional para a Eliminación das Violencias contra a Muller (25N). “Ao longo do ano promovemos diversos actos, tanto de reivindicación como de celebración, pero este en concreto marcámolo en vermello no calendario porque entendemos que hai que reclamar que non podemos consentir que o número de vítimas continúe aumentando”, sinalou a secretaria xeral, Natalia González Beneitez.

Neste senso, lamentou que no que vai de 2024 hai máis de 101.008 casos activos no sistema de viogen, un 22.2% máis que o ano pasado, aumentando exponencialmente o número de vítimas adolescentes. “No 2019 semellaba que os datos minoraban, pero estamos a observar con preocupación que aumentan sen  freo este ano”, engadiu insistindo en que é urxente solicitar medidas efectivas que deteñan a sangría. “Trátase dunha violación flagrante dos dereitos humanos”, afirmou.

Para poñer no centro de todo ás mulleres, os e as socialistas quixeron contar coa participación do grupo ourensán La dama de Gris que interpretará pezas musicais sobre a violencia de xénero “non se pode tratar a medio gas”. A performance será o martes 26, ás 20.00 horas, na Praza Saco e Arce de balde para todos e todas as que queiran achegarse.