A Xunta reforza as competencias do sector comercial de Ribadavia, concello que albergará na ponte de decembro o evento ‘artesanía, saber e sabor’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O Executivo galego impulsa unha xornada formativa sobre decoración e escaparatismo para mellorar a visibilidade e promoción no punto de venda
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destaca que este tipo de accións de curta duración e de carácter práctico son fundamentais para incrementar a competitividade do comercio local
  • Do 6 ao 8 a vila acollerá no casco histórico un evento que abranguerá un mercado de Nadal de Artesanía Alimentaria e de Artesanía de Galicia, entre outras actividades, e que servirá de punto de partida para o proxecto ‘Vilas Vivas’

Ribadavia (Ourense), 24 de novembro de 2024.- A Xunta impulsou esta fin de semana en Ribadavia un curso formativo sobre decoración e escaparatismo dirixido ao comercio local co obxectivo de seguir mellorando as competencias e habilidades do tecido comercial, reforzando áreas que impulsan de xeito estratéxico a súa visibilidade e promoción no punto de venda.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo en valor a celebración deste tipo de xornadas formativas de curta duración e de carácter eminentemente práctico, que permiten ás persoas responsables destes negocios adquirir novos coñecementos dun xeito áxil e flexible. Unha liña de traballo —destacou— que o sector valora de xeito moi positivo e que se seguirá reforzando no futuro Plan estratéxico de comercio 2025-2030, actualmente en proceso de elaboración.

Gabriel Alén fixo fincapé, ademais, en que Ribadavia acollerá a iniciativa Artesanía, saber e sabor do 6 ao 8 de decembro. Esta acción abranguerá un mercado de Nadal de Artesanía Alimentaria e de Artesanía de Galicia, entre outras actividades que se celebrarán no casco histórico da vila, empregando tamén locais comerciais en desuso e a igrexa da Magdalena. Artesanía, saber e sabor tamén funciona como punto de partida do proxecto Vilas Vivas, que será impulsado pola Xunta no 2025 co obxectivo de reforzar a dinamización do tecido comercial de vilas e cabeceiras de comarcas galegas.