Bernardo Varela “Son un orzamentos continuístas e mesmo un pouco aburridos que supoñen unha oportunidade perdida para corrixir o rumbo da provincia e nin marcan liñas estratéxicas de cara onde queremos ir. “
Ourense, 26 de novembro de 2025. Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, xunto aos outros dous deputados do grupo provincial na Deputación de Ourense, María Mangana e Xosé Manuel Puga, compareceron ante os medios de comunicación para dar a coñecer a alternativa económica que o grupo nacionalista presenta aos orzamentos que o grupo de goberno do PP leva a aprobación no pleno de novembro.
É unha emenda que debera ser totalmente asumible polo goberno provincial, sinalou o voceiro nacionalista, ao constituír unha modificación do entorno de seis millóns de euros, que sí cambian as partidas orzamentarias.
Estes orzamentos mantéñense cuns gastos moi importantes en persoal e en gastos de funcionamento que en boa medida absorben a potencialidade que ten a deputación provincial de Ourense. Por iso desde o grupo nacionalista propoñen unha redución no gasto de persoal, un gasto que é completamente funcional, ao ser de 1.377.000€ que figura en boa medida como orzamentado como prazas para vacantes. E no capitulo 2 de gastos correntes en bens e servizos a minoración que fan os nacionalista elevase a 1.630.000€.
No capitulo cuarto a redución é 13.795.000€, co aforro dos dous millóns de euros asignados ao INORDE onde a maior parte é para persoal. E na que o groso deste capítulo é a parte correspondente ao plan cooperou, de dez millóns, que se reasignarían xunto a outros fondos minorados a ese mesmo fin. E no capitulo seis minóranse até 110.000€
A minoración total quedaría en -16.912.000€, dos cales 10.815.000€ correspondería ao propio plan cooperou, polo que a reasignación de fondos proposta polos nacionalistas queda en torno ao seis millóns de euros.
Os nacionalistas ven tramposo, como xa adiantaban a semana pasada, que o goberno provincial anuncie a redución das partidas nominativas, pois orzaméntanse a cero euros varias partidas, o que permite a reasignación de fondos unha vez sexa aprobados os orzamentos, polo que “o único que fan é cambiar cromos de xeito que a partida de nominativas pasan a quedar pendentes para incorporación de remanentes do mes de marzo de 2025”. Así mesmo a pesar do aumento orzamentario da partida destinada a vías e obras, a respecto dos anteriores orzamentos, non deixa de corresponderse en realidade coa execución orzamentaria real desa partida no anterior orzamento, que mesmo chegou a superarse. E nas propias bases de execución tampouco queda claro como se vai a trasladar as nominativas cara un sistema máis eficiente.
Co peto e 16.912.000 repatiríanse 14 millóns no “plan cooperou” que sumado aos fondos do capítulo 7 son 21.710.000€ a repartir entre os concellos. Máis de dous millóns á partida de fomento do emprego que sumaría unha partida total 2.462.000€ para un plan de emprego para a provincia de Ourense a través de diversos convenios e por último o aumento á partida de acción social contra a violencia machista que quedaría dotada de 150.000€