Medio Rural e o Concello de Leiro avanzan no impulso ao polígono agroforestal deste concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu esta tarde no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Leiro, Francisco Fernández. A reunión serviu para avanzar, entre outros asuntos, no desenvolvemento do polígono agroforestal de Barzamedelle, situado neste concello ourensán e que suporá a recuperación de máis de 145 hectáreas. A conselleira puxo en valor que a día de hoxe xa se rozaron máis de 73 hectáreas neste polígono, para xestionar as acacias, e tamén que están moi avanzados os labores de investigación da propiedade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Actualmente, esta iniciativa atópase na fase de redacción do proxecto básico, un documento técnico que elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural unha vez que se produciu a declaración de utilidade pública do polígono.