A agrupación municipal do Psdeg de Ourense visitará o parlamento europeo para achegar á militancia a institución

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión da Comisión Executiva Municipal deuse conta do nomeamento de Marga Martín como integrante do Comité Federal do PSOE que se anunciou durante o 41 Congreso de Sevilla

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A CEM celebrará unha asemblea ordinaria o vindeiro 18 de decembro para facer balance da actividade anual que se desenvolveu, tanto dende a agrupación local como dende o grupo municipal do Concello de Ourense

Ourense, 03 de novembro de 2024. A agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense realizará, esta próxima fin de semana, unha viaxe a Bruxelas para coñecer o Parlamento Europeo e somerxerse na actividade da institución a través do traballo do eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares. Ademais de percorrer o hemiciclo, poderán realizarse preguntas sobre o funcionamento do mesmo, as diferentes etapas que transitou Europa ata chegar á cooperación ou cales son os retos a afrontar no futuro máis próximo.

Tamén percorrerán as e os visitantes o Parlamentarium, accesible nas 24 linguas dos países que conforman a Unión Europea, para adentrarse no proceso de elaboración das leis e como, e en que prazos, afectan as decisións que se toman á cidadanía dos países membros. Esta viaxe está enmarcada dentro dun programa máis amplo que dende a Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG da cidade persegue promover a aproximación ás institucións para os cargos do partido e para toda a militancia.

O nomeamento da presidenta de honor da CEM e deputada no Congreso, Marga Martín, como integrante do Comité Federal do PSOE foi outro dos asuntos abordados na reunión ordinaria do órgano do mes de decembro. Logo de que se comunicase a súa nova responsabilidade, despois do 41 Congreso de Sevilla, a socialista trasladou o seu agradecemento pola confianza amosada dende a dirección do partido e o apoio e mensaxes recibidos da militancia.

Expresou, neste senso, que é un orgullo que Ourense conte con representación no que é o máximo órgano de control político e dirección do PSOE e que supón un novo reto que afronta con ilusión.

Por outra banda, informouse de que este ano a sede do partido (na rúa Ribeira de Canedo, número 24/26) volverá a servir como punto de recollida de alimentos para colaborar coa Operación Quilo de Amencer.

Por último, a Comisión Executiva Municipal celebrará unha asemblea ordinaria o vindeiro 18 de decembro para facer balance da actividade anual que se desenvolveu, tanto dende a agrupación como dende o grupo municipal do Concello de Ourense, e as liñas a seguir en 2025.