Á Valedora do Pobo
María Dolores Fernández Galiño
O motivo desta queixa é pedir amparo ante unha situación de desprotección das nosas fillas e fillos , que explicamos nunha “carta queixa”, dado que non existe un Plan de Autoprotección no centro educativo destinado a escola de música e conservatorio municipal do Carballiño Solicitamos se poña en marcha os procedementos necesarios para dotar dun plan de autoprotección o centro docente ubicado no Edificio do Auditorio Municipal do Carballiño, se dote o centro dun conserxe, e se realicen os simulacros previstos asi como a formación necesaria a comunidade educativa para que en caso de emerxencia e sinistro se poida actuar con eficacia e rapidez .
Esperando que a nosa petición de amparo sexa atendida e agardando accións e respostas dos nosos gobernantes reciba o noso máis cordial saúdo.
A directiva da ANPA do Conservatorio do Carballiño.
Comunicación admisión a trámite e inicio actuacións NºExp: Q/15341/24
