O Conservatorio de Música do Carballiño programa actividades didácticas e un festival para este Nadal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A dirección do Conservatorio e da Escola de Música municipais (CMUS) do Carballiño teñen preparada unha programación especial de actividades para este mes de decembro, coincidindo coas datas previas ás festas do Nadal. A primeira delas levarase a cabo o vindeiro sábado, 14 de decembro, no Auditorio Manuel María e consistirá nunha primeira xornada multidisciplinar, aberta á participación de frautistas de tódolos niveis, e orientada a traballar en conxunto a música de cuarteto para frauta traveseira, mesturada con proxeccións visuais de pintura e teatro. Esta sesión desenvolverase de 10,00 a 14,00 horas e correrá a cargo do cuartero DeBiselas da Coruña. As persoas interesadas deberán enviar unha mensaxe de whatsapp ao teléfono de Carlota (666.379.745), de onde respostarán remitindo un formulario para cubri-los datos xunto co método de pago da cuota, que é de 35 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa continuará o martes, día 17, coa celebración do ‘Festival de Nadal 2024’ n salón de actos do IES Nº1 do Carballiño a partir das 20,00 horas, e con entrada libre e gratuíta. Neste evento actuarán a banda infantil, a orquestra do CMUS, un grupo de música tradicional, dúas ‘enbsemble’ de frautas e violíns e o grupo de batucada Percucar, entre outras agrupacións. No mesmo salón de actos do centro de ensino, o venres día 20 de decembro rematarán as actividades deste Nadal cun curso de percusión, que impartirá de 16,00 a 20,00 horas David Rodríguez, catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo.