Valentín García destaca o uso do galego nos textos do Instituto de Estudos Carballineses no seu 25 aniversario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O secretario xeral da Lingua presenta as obras A Vera Cruz de Antonio Palacios, A poesía inédita de Rafael Melero e 150º aniversario de Antonio Palacios,e o número 42 da revista Ágora de Orcellón, que contaron co apoio da Xunta de Galicia

O Carballiño (Ourense), 14 de decembro de 2024.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de presentación das publicacións do Instituto de Estudos Carballiñeses ao longo do ano 2024, onde destacou o uso do galego nestes textos no seu 25º aniversario e a colaboración da Xunta de Galicia. Na cita amosáronse a segunda edición do libro A Vera Cruz de Antonio Palacios, que acadou o premio Antón Losada Diéguez este ano; a obra A poesía inédita de Rafael Melero e o libro 150º aniversario de Antonio Palacios; ademais do número 42 da revista Ágora do Orcellón.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude gabou “o compromiso do Instituto de Estudos Carballineses que, ao longo destes 25 anos, se veu materializando en importantes actividades, todas elas de fomento do uso da lingua galega e do labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas e artes”. “Un traballo rigoroso que sitúa no mapa cultural e científico galego o Carballiño e toda a súa comarca”, concluíu.

150º aniversario do nacemento de Antonio Palacios

Arredor do 150º aniversario do nacemento de Antonio Palacios, destacado arquitecto e urbanista porriñés que transformou e modernizou a fisionomía de diversos lugares de España, o Instituto de Estudos Carballineses publicou durante este ano as obras 150º aniversario de Antonio Palacios e A Vera Cruz de Antonio Palacios, esta última sobre a maxistral pegada da Igrexa da Vera Cruz feita por Palacios precisamente no Carballiño.