O Paco Chao acolle este sábado un torneo de fútbol sala en favor de Cáritas e Cruz Vermella

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño acollerá o vindeiro sábado, 21 de decembro, un “Triangular Solidario” de fútbol sala, co obxectivo de recadar alimentos e productos de hixiene para facer a súa entrega ás asociacións Cáritas Parroquial e Cruz Vermella. Neste torneo participarán equipos dos clubes Atletismo Arenteiro, Cabo de Peñas e Bike Team Terras de Cea, coa colaboración da Área de Deportes do Concello do Carballiño.

Tódalas persoas interesadas en colaborar con este evento solidario poden depositar as súas doazóns ata o venres nas oficiñas do departamento municipal de Deportes, ubicadas no 2º andar da Casa do Concello, ou o mesmo sábado no propio polideportivo.