O templo da Veracruz acolle este domingo o “II Festival Nadal Coral” do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Cinco coros infantís e xuvenís e dúas corais polifónicas participarán na segunda edición do “Festival Nadal Coral”, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de decembro, dende as 7 da tarde, no templo da Veracruz, baixo patrocinio da Federación Coral Galega (Fecoga), que tamén protagonizarán ao día seguinte, luns 23, outro concerto ás 20,15 horas na igrexa de Santa Eufemia de Ourense. Os eventos foron presentados hoxe na Casa do Concello do Carballiño polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director do Orfeón, Christian Casas, e a directora da coral ourensá Gaudeamus, Cristina Rodríguez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Concretamente, nas igrexas parroquiais de San Cibrao e Santa Eufemia actuarán o Orfeón do Carballiño e a coral polifónica Gaudeamus, ademais dos coros infantís e xuvenís Cantiga, EnHarmonía e dos colexios Vila do Arenteiro, Terras e Maside e La Purísima, totalizando un total de 180 voces cantoras. “O obxectivo é que non se perda a tradición de cantar panxoliñas e fomentar o canto coral entre os máis cativos, ademais de ter unha experiencia interxeracional con varios grupos de idades”, subliñou Cristina Rodríguez.