O Concello do Carballiño está a levar a cabo nestes días traballos de mantemento no pavillón polideportivo Paco Chao, consistentes na substitución do alumeado actual por outro de luces LED máis eficiente a nivel de gasto enerxético. Dende o Concello carballiñés lembran que, ata o de agora, o polideportivo contaba con bombillas halógenos de 1.500 vatios, que na actualidade estanse a reponer con outras LED de baixo consumo, que permitirán un aforro aproximado dun 20% nas arcas municipais na facturación anual de luz. O investimento realizado polo Concello rentabilizarase nun periodo inferior a un ano, según as estimacións do equipo de goberno do Carballiño.