Se os Reis Magos perderan o camiño indicado pola estrela fugaz, poderían seguir o rastro das luces de Ribadavia e chegarían igualmente á capital do Ribeiro, que continúa alumeada (ata o 26 de xaneiro) coas luces de Ferrero Rocher e que non só captan a atención dos Reis Magos, tamén a de milleiros de visitantes. Este domingo, as protagonistas serán as SSMM Os Reis Magos de Oriente, que sairán na tradicional Cabalgata acompañados por seis carrozas (unha da Asociación As Lajartas, outra da Asociación A Chairiña e tres de Especialistas Hípica Celta) nun percorrido no que haberá tamén animación de rúa e charanga. E, por suposto, os tradicionais caramelos e chocolate (ambos sen glute, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, asegurando así que todos poidan desfrutar desta costume).
O percorrido comezará ás 18,00 h. saíndo do IES O Ribeiro, dende alí pasarán polas rúas Carballiño, Ribeiro e Progreso antes de chegar á Praza Maior de Ribadavia. Se a chuvia impedira o paseo de Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas, non hai de que preocuparse, xa que o Concello de Ribadavia xa prepara alternativa para que os nenos e nenas da localidade pudieran, nese caso, saudalos igualmente baixo cuberto. Asemade, antes da Cabalgata, os Reis Magos visitarán aos maiores no Asilo, levándolle ademais o doce propio da data: Roscón de Reis.