A Fundación Vicente Risco celebra unha nova xornada músico-gastronómica, Os Xoves da Risco

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Fundación Vicente Risco celebra unha nova xornada músico-gastronómica, OS XOVES DA RISCO, o xoves 4 de agosto, coa actuación do grupo Rebético-galego, formado por Xurxo Souto e Richi Casás, e a degustación de petiscos de cociña fusión greco-galega.

Os xoves da Risco xa é unha actividade fundamental das que celebra a Fundación Vicente Risco, xornadas músico-gastronómicas que están tendo moito éxito grazas a acertada combinación da visita para coñecer a propia fundación, a recepción cun viño de benvida, un concerto que vai mudando de grupo e ao celebrarse no patio traseiro da sede da fundación en Allariz, e tocar desde o corredor converten esta actuación en singular e digna de achegarse a participar nas xornadas. E estas rematan cunha degustación de petiscos, que nesta ocasicón son de cociña fusión greco-galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


A xornada comeza ás 19 h coa visita, ás 19:30 h é o concerto e ás 21 h a degustación de petiscos.As prazas están limitadas a 40, e o prezo é de 20 euros por persoa, sendo de 15 euros para mecenas da FVR.A inscrición hai que levala a cabo enviando un correo electrónico a secretaria@fundacionvicenterisco.com indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.