A nova escultura dun pulpo xa corona a entrada ó Carballiño

Durante a xornada de hoxe, os operarios municipais afanábanse por deixar todo listo para a instalación da nova escultura que coroará a entrada ó Carballiño. Trátase dunha peza encargada polo concello ó artista Acisclo Novo, e que está adicada ó pulpo. Ten cinco metros de alto e pesa 870 quilos en bronce. O seu custo ronda os 40.000 euros.

A súa ubicación é na rotonda ubicada no cruce de etronque da estrada nacional 540 ca avenida do Balneario e a rúa Martínez Avellanosa, ambas de entrada ó casco urbán.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste mediodía quedaba instalada a escultura no seu pe, á espera da súa inauguración oficial.