Ribadavia adianta a mañá sábado a Cabalgata de Reis

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Finalmente, a choiva traerá con antelación ás SSMM Os Reis Magos a Ribadavia, que chegarán á capital do Ribeiro mañá, sábado, día 4, ás 17,30 horas para evitar que o mal tempo estrague a Cabalgata. Igualmente, estarán acompañados por 6 carrozas (unha da Asociación As Lajartas, outra da Asociación A Chairiña e tres de Especialistas Hípica Celta) nun percorrido no que haberá tamén animación de rúa e charanga. E, por suposto, os tradicionais caramelos e chocolate (ambos sen glute, en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, asegurando así que todos poidan desfrutar desta costume).

O percorrido comezará ás 17,30 horas, saíndo do IES O Ribeiro, dende alí pasarán pola rúa Carballiño, rúa Ribeiro e a rúa Progreso antes de chegar á Praza Maior de Ribadavia. Ademais, antes da Cabalgata os Reis Magos visitarán aos maiores no Asilo, levándolle ademais o doce propio da data: Roscón de Reis. Precisamente polo cambio de data da Cabalgata, o Concerto de Aninovo da banda A Lira cambia tamén de hora. Estaba prevista para as 19,00 horas, e finalmente celebrarase media hora máis tarde, ás 19,30 horas.